Campaña publicitaria para promocionar o consumo de marisco e peixe que se realizará entre o 10 e o 29 de decembro de 2021 con estes anuncios de prensa publicados no diario xeneralista El Ideal Gallego e no diario deportivo DxT.

Hoxe toca peixe ou marisco. Merca en pescaderías e mercados de confianza. As que están preto de ti.

Campaña publicitaria diciembre de 2021


Bolsas Bolsas reutilizables e máscaras cirúrxicas

"Entregamos 100 bolsas e 150 máscaras cirúrxicas a cada asociado"

A Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña entregou a cada un dos seus asociados 100 bolsas reutilizables e 150 máscaras cirúrxicas .


Máscaras hixiénicas reutilizables e xel hidroalcohólico Máscaras hixiénicas reutilizables e xel hidroalcohólico

"Repartimos gratuitamente 10 máscaras e 2 litros de xel"

A Asociación de Minoristas de el Puerto de A Coruña repartirá desde o martes 27 ata o xoves 29 de outubro de 2020 entre os seus asociados 10 máscaras reutilizables para 75 ciclos de lavado fabricadas conforme á norma UNE-0065-2020 que ofrecen protección barreira ante a pandemia do COVID 19 e protección bacteriana e de respirabilidade que permiten estar protexidos e continuar coa vida ordinaria, para a súa tranquilidade e a dos seus clientes. Entregaranse tamén 4 envases de ½ litro de xel hidroalcohólico con dosificador.


Peixe e marisco fresco Hai variedades exquisitas cada tempada

"Ven á túa peixaría de confianza, déixache aconsellar"

Todos sabemos os beneficios que nos achega unha dieta equilibrada, nela é moi importante o consumo de peixe un mínimo de tres ou catro veces por semana, ven á túa peixaría de barrio, con toda confianza, nela aconsellaranche sobre as distintas variedades de peixe e marisco propias da tempada, por exemplo, agora tes ollomol, bonito do norte, dourada, polbo, rodaballo, salmón, salmonete, choco, lura, ameixa, mexillón, navalla, etc.

Deliciosa lura da ría


Luras A lura da nosa costa é excelente e exquisita

"Leva lura fresca da máxima calidade"

Todos sabemos que a lura da nosa costa é excelente e exquisita, os padais máis esixentes réndense ante o sabor e delicadeza que ten este cefalópodo, gústalle a todo o mundo, nenos e maiores, ven a ver ao teu peixeiro de confianza e lévacho a casa, está fresquísimo, xa coñeces as súas propiedades, son excepcionalmente baixas en calorías e graxas, aínda que habemos de ter en conta que se as comemos rebozadas e fritas, perden estas calidades. Son ademais unha gran fonte de proteínas, necesarias para manter os músculos sans. Por todo o anterior, podemos aseverar que a lura é un alimento apropiado para as dietas, xa que as proteínas axúdannos a manternos saciados por máis tempo.


Bonito do norte Está a terminar a costeira de bonito máis curta da historia

"Compra bonito do norte fresco e de calidade"

Está a rematar a costeira de bonito máis curta da historia, pasa pola túa peixaría de sempre e lévache bonito do norte, está fresquísimo, xa coñeces as súas propiedades, o bonito, como o resto de peixes azuis, é rico en ácidos graxos omega-3 e acedo fólico, axuda a previr enfermidades cardiovasculares e reduce o colesterol e os triglicéridos, contén 153 calorías por cada 100 gramos (supón o 4% aproximadamente da cantidade de calorías recomendadas) o cal lle converte nun aliado perfecto dunha dieta equilibrada.


Sardiña fresca Xa empezou a tempada da sardiña

"Ven a por sardiña, xa comezan a estar no seu punto"

Estamos a empezar a tempada de sardiña e xa comezan a estar no seu punto, pasa pola túa peixaría de sempre e leva algunhas, están fresquísimas, xa coñeces as súas propiedades, as sardiñas, como o resto de peixes azuis, son ricas en ácidos graxos omega-3, elementos esenciais para o bo funcionamento do organismo pero que “o corpo non pode producir por si só, de tal maneira que os debe obter dos alimentos”.

Noticia da CRTVG publicada o 13 de decembro de 2017

A Asociación de Minoristas do porto da Coruña inicia unha campaña de promoción do peixe e marisco das augas galegas - Ver noticia completa e video Coincidindo coas datas do Nadal, a Asociación de Minoristas do Porto da Coruña está a realizar unha campaña pola cidade para promocionar o consumo de peixe e marisco de proximidade. Os representantes desta asociación repartiron entre os cidadáns libros de receitas, en que ademáis os informan sobre a calidade do produto e a importancia de consumir peixe das augas galegas.
Ver noticia completa e video no sitio web da CRTVG

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea