Pescada rechea de salmón afumado
Preparación
Dos 250 grs. De pescada por persoa facemos dúas rodajas finas, e dentro poñémoslle un lisco de salmón afumado, rebozamos este emparedado de pescada e salmón con ovo e fariña.
Nunha tixola poñemos aceite e, cando estea moi quente, botamos a fritir a pescada, cando esta estea no seu punto sacámola.
No mesmo aceite, (pero menos cantidade) facemos a salsa, para posteriormente botala sobre a pescada. Machucamos as guindillas e cortamos os allos moi pequeniños, botándoos no aceite. Cando estean dourados, retiramos do lume e botámolo sobre a pescada. Así o servimos na mesa.
Ingredientes
- 1.5 kg. De pescada sen cabeza nin cola (aproximadamente 250 grs por persoa)
- 6 liscos pequenos de salmón afumado
- 12 dentes de allo
- 3 guindillas pequenas
- ½ l. de aceite
- 200 grs. de fariña
- 2 ovos