Pescada con ameixas
Preparación
Lavamos as ameixas e metémolas en auga fría con sal para que solten a area que puidesen ter.
Pelamos o allo e a cebola, e picámolos.
Nunha pota baixa, pero ancha de forma que nos collan os 4 toros (tamén vale tixola con tapa), poñemos tres ou catro culleradas de aceite e rehogamos uns 4 min. a lume medio a cebola e o allo.
Agregamos entón a fariña e removemos ben para que se xunte. Botamos o viño sen deixar de remover e levantamos o fervor.
Colocamos os toros de pescada, previamente salpimentadas, e as ameixas. Cociñar 5 min. a lume medio.
Cortamos o perexil fino e agregámolo. Dámoslle un minuto máis de cocción e rectificamos de sal.
Ingredientes
Para 4 persoas:- 1 kg. de pescada en toros ou lombos (aproximadamente 250 grs. por persoa)
- 200 gr. ameixas
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- 1 vaso viño branco
- Aceite de oliva
- 1 cullerada de fariña
- 1 rama de perexil
- Sal