Camarón

Camarón O Camarón (Palaemon serratus), Quisquilla ou Esquila é un marisco que pertence á familia dos Caridea. É un crustáceo decadópodo, que pode habitar tanto en augas doces como salgadas. Vive en rexións tépedas, tropicais, e frías. Habita en zonas rochosas e arenosas pouco profundas con abundancia de algas.

Captúrase en augas do mar Mediterráneo e do océano Atlántico. Cando son adultos aliméntase de algas e restos de animais aínda que poden comer calquera cousa que resulte comestible. De larvas aliméntanse de zooplancton. A fecundación é interna e as femias poden aparearse catro ou cinco veces por ano. Nas nosas costas reprodúcense de abril a setembro.

A mellor época de pesca sitúase nos meses que van de Outubro a Marzo.

100 gramos de camaróns conteñen só 2 gramos de graxa sen que ningún deles sexa en forma de graxa saturada.

imprimir Correo electrónico

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea