Mexillóns en salsa picante
Preparación
Limpamos os mexillóns e abrímolos ao vapor. Unha vez abertos, retirámoslles a cuncha que non ten vianda e reservámolos. Á salsa de tomate botámoslle pementa moída e un pouco de tabasco, engadindo todo isto aos mexillóns cubríndoos na súa totalidade. Espolvoreamos con pan relado e gratinamos.
Ingredientes
- Mexillóns
- Salsa de tomate
- Pementa
- Tabasco
- Pan relado