Pescada rechea de salmón afumado

Preparación

Dos 250 grs. De pescada por persoa facemos dúas rodajas finas, e dentro poñémoslle un lisco de salmón afumado, rebozamos este emparedado de pescada e salmón con ovo e fariña.

Nunha tixola poñemos aceite e, cando estea moi quente, botamos a fritir a pescada, cando esta estea no seu punto sacámola.

No mesmo aceite, (pero menos cantidade) facemos a salsa, para posteriormente botala sobre a pescada. Machucamos as guindillas e cortamos os allos moi pequeniños, botándoos no aceite. Cando estean dourados, retiramos do lume e botámolo sobre a pescada. Así o servimos na mesa.

Ingredientes
  • 1.5 kg. De pescada sen cabeza nin cola (aproximadamente 250 grs por persoa)
  • 6 liscos pequenos de salmón afumado
  • 12 dentes de allo
  • 3 guindillas pequenas
  • ½ l. de aceite
  • 200 grs. de fariña
  • 2 ovos
Pescada rechea de salmón afumado

imprimir Correo electrónico

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea