Xurelo

Xurelo - Jurel - Chicharro O Xurelo (Trachurus trachurus) é un peixe coñecido tamén en España co nome de Jurel ou Chicharro. É un peixe azul e de auga salgada da familia Carangidae, distribuído amplamente polo Atlántico norte desde Senegal ata Islandia, e por todo o Mediterráneo.

Habita nunha profundidade media de 200 - 300 metros en zonas afastadas da costa durante os meses de outono e inverno e cando comeza o verán achégase á costa para reproducirse. Aliméntase de peces máis pequenos, crustáceos e luras.

As artes empregadas na súa pesca artesanal son os trasmallos, betas e palangres.

É un peixe graxo (cada 100 g ten 7 g de graxa) que achega elevadas cantidades de ácido graxo omega 3, que ten unha serie de beneficios para a nosa saúde como é o reducir o risco de enfermidades cardiovasculares ao reducir os niveis de colesterol e triglicéridos do sangue.

imprimir Correo electrónico

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea