Meiga

Meiga - Rapante - Gallo A meiga ou Rapante (Lepidorhombus wiffiagonis) é un peixe coñecido tamén en España co nome de Gallo. Pertence á familia dos peixes planos, cuxas peixes se caracterizan por ter os ollos no lado esquerdo do corpo.

Atópase nas augas do Atlántico nororiental, no mar do Norte e no Mediterráneo occidental. Habita a profundidades de entre 100 e 400 metros, aínda que pode atoparse mesmo a 800 metros. Aliméntase de crustáceos, cefalópodos e mesmo outros peixes de menor tamaño. É un peixe demersal, o que significa que vive moi próximo ao fondo, nos bancos arenosos.

Aínda que a súa mellor tempada vai entre os meses de marzo e abril, é posible atopalo no mercado todo o ano.

É un peixe branco de moi baixo contido graxo, 100 gramos de porción comestible conteñen menos de 2 gramos de graxa, polo que se se cociña sen na maneira adecuada resulta idóneo en dietas hipocalóricas que perseguen o obxectivo de reducir o nivel de graxas en sangue (colesterol e triglicéridos), adelgazar e perder peso.

imprimir Correo electrónico

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea