Lirio

Lirio - Bacaladilla O Lirio (Micromesistius poutassou) é un peixe coñecido tamén en España co nome de Bacaladilla. Pertence á familia dos Gádidos, a mesma que o bacallau. A súa talla é, con todo, inferior, a súa carne posúe unha textura suave e un sabor agradable.

Son peixes gregarios, como as anchoas ou as sardiñas, e viven nas costas bañadas polo océano Atlántico a profundidades considerables de entre 100 e 3.000 metros, aínda que é moi común atopar bancos de peixes a 200 ó 400 metros de profundidade. Tamén poden pescarse no mar do Norte. No caso da costa española, áchanse no mar Mediterráneo e no Cantábrico.

Aliméntase de pequenos crustáceos. Cando aumenta de tamaño come tamén peixes pequenos e cefalópodos.

Atópase dentro do grupo dos peixes brancos debido ao seu baixo contido graxo, 100 gramos de porción comestible conteñen 0,7 gramos de graxa.

imprimir Correo electrónico

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea