Abadexo

Abadexo O Abadexo ( Pollachius pollachius) é unha especie de peixe gadiforme da familia Gadidae, coñecido tamén cos nomes de Badeixo ou Badexo. É un peixe branco​ similar ao Bacallau e normalmente mide sobre 75 cm, aínda que pode alcanzar os 120 cm e chegar a pesar 18 kg.​ Ten o ventre claro e o dorso verde oliváceo con tonalidades pardas. É habitual no golfo de Biscaia e, en xeral, en todo o Atlántico norte e oriental.

O corpo é bastante esvelto e está recuberto de pequenas escamas cicloides e a boca está provista de agudos dentes. Adoitan atoparse en pequenos grupos ao longo da costa, sobre todo en ambientes rochosos. Aliméntanse de pequenos peixes e crustáceos. Pode vivir ata 10 anos, en augas frías atopáronse peixes ata de 125 cm de talla.

A súa pesca efectúase con jábega e con sedela. Os exemplares de menor tamaño, que non son aptos para facer filetes, son procesados para preparar "surimi", que é unha pasta de peixe que saborizada véndese como "kani- kama", "palitos de cangrexo" ou "boca de mar".

É un peixe magro (1 % de lípidos). A abundancia de iodo que se pode atopar neste peixe, é beneficiosa para o noso metabolismo, regulando o noso nivel de enerxía e o correcto funcionamento das células. Ademais, o iodo do abadexo, axuda a coidarnos por dentro, regulando o noso colesterol. Ao ser un alimento rico en iodo, tamén axuda a procesar os hidratos de carbono, fortalecer o cabelo, a pel e as uñas.

imprimir Correo electrónico

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea