Mexillón
O Mexillón (Mytilidae) e un marisco coñecido tamén en España co o nome de Mejillón. Pertence á familia dos mitílidos, uns moluscos bivalvos de gran interese económico e gastronómico. Como outros bivalvos, son animais filtradores que viven fixados ao substrato. Son exclusivamente mariños e viven tanto en zonas intermareales como zonas mergulladas das costas de todo o mundo.
Os mexillóns mariños son abundantes nas zonas intermareales baixas e medias en mares tépedos en todo o mundo, tanto no hemisferio norte como no austral. Os mexillóns son filtradores; aliméntanse de fitoplancto e materia orgánica en suspensión.
Poden ser afumados, fervidos, cocidos ao vapor, en escabeche ou noutro tipo de conserva. Como todo marisco, os mexillóns deberían estar vivos xusto antes de ser cociñados porque se fan tóxicos rapidamente despois de morrerse. A seguridade no consumo de mexillóns comprados en canles autorizadas é absoluta, non existindo ningún risco por consumo en ningunha época do ano.
O marisco herbívoro como mexillóns e ameixas pode axudar a alcanzar un equilibrio san de Omega 3 e Omega 6 nas súas dietas.