Cigala
A cigala ( Nephrops norvegicus) é un crustáceo decápodo da familia Nephropidae. Trátase dunha especie comestible moi apreciada polo seu sabor. Posúe un corpo e abdome alongados, estreitos e de menor robustez que o resto de especies da familia. Poden alcanzar os 12 centímetros de lonxitude. O primeiro par de patas torácicas é longo, con longas pinzas lixeiramente desiguais. Segundo e terceiro par tamén con pinzas. Segmento abdominal terminado nunha punta a cada lado. Ollos de córnea negra e moi inchada, de aspecto arriñonado. Rostro con dous carenas ou cristas lonxitudinais; outras carenas no caparazón e as pinzas. Cor rosáceo.
Só sae á noitiña e ao amencer para alimentarse. Pode vivir en profundidades de ata 800 m. Viven preferentemente sobre fondos brandos de area fina onde adoitan esconderse en galerías (tobos) perforadas por eles mesmos, ás veces longas e con máis dunha saída para escapar.
A época da desova vai de xullo a febreiro. Os ovos, de cor verde ao principio, vólvense de cor vermella. Adoitan verse adheridos da parte inferior do corpo da femia, osixenándoos con movementos das súas patas. Tras nacer tardan uns dous anos en alcanzar a idade adulta.
A cigala é un depredador que vive en solitario, cazando para alimentarse fundamentalmente vermes poliquetos e de peixes, e non despreza un bocado de moluscos, equinodermos e outros crustáceos.