Centola
A Centola (Maja squinado), é un marisco coñecido tamebién en Galicia polo nome de Centolo, Pateiro ou Bruño Pertence á familia Majidae, a mesma que os cangrexos. Vive na costa en fondos rochosos ou arenosos. Habita en profundidades maiores de 100 m. A Centola como o resto de cangrexos é vulnerable durante a muda, polo que se volve gregario durante esa época, presumiblemente para defenderse dos depredadores.
Habita en augas do océano Atlántico, no mar Cantábrico e no Mediterráneo. Aliméntase de estrelas de mar, algas, moluscos, ourizos, invertebrados do fondo mariño como os cogombros de mar e peces, sobre todo planos como o linguado.
A mellor época de pesca comprende os meses que van de Decembro a Marzo.
É unha excelente fonte de proteínas de alto valor biolóxico; así como de ácidos graxos poliinsaturados, que son beneficiosos para reducir os niveis de colesterol e de triglicéridos en sangue.