Berberecho

Berberecho O Berberecho (Cerastoderma edule), croque, crica, birbiricho ou chícaro é un molusco da familia dos Cardiidae. Ten as valvas de xeito case circular, posuíndo entre 22 e 28 costelas ben marcadas. Vive soterrado en fondos lamacentos de area fina, próximo á superficie e preto da costa.

A cuncha do berberecho común é de cor branca amarelenta, habitualmente con liñas escuras e presenta costelas radiais moi pronunciadas, ásperas e largas, as cales se encontran cruzadas por raias concéntricas e espiñas escamosas. A súa forma é globosa, case triangular e pode chegar a alcanzar os 6 cm.

A cuncha do molusco ten tres aperturas ( inhalante, exhalante, e pedal) para sifonear auga e como pé. Os berberechos entérranse no substrato preto da superficie da auga, usando o pé, e aliméntase bombeando auga e filtrando plancto. Ao contrario de moitos bivalvos, os berberechos son hermafroditas e reprodúcense rapidamente. Son consumidos por moitas especies de peixes de mar.

Os berberechos comúns son capaces de dar saltos, apoiándose co seu pé no fondo e estricándoo de golpe poden saír proxectados até medio metro de distancia.

Atópase amplamente estendido polo océano Atlántico, desde o mar de Barents e o mar Báltico ao longo da costa atlántica europea até Mauritania, en África occidental, así como no mar Mediterráneo suroccidental, onde é considerado como raro. Encóntrase en fondos cenagosos, areosos e de grava, habitualmente baixo a superficie do fondo.

imprimir Correo electrónico

Consellería do Mar - Xunta de Galicia
Grupo de Acción Local Pesqueira Golfo Ärtabro Sur
Asociación de Minoristas de El Puerto de A Coruña
Galicia
Fondo Europeo Marítimo y de Pesca (FEMP) - Unión Europea