Lombos de peixe sapo con cocochas

Preparación da salsa

Nun cazo poñemos aceite, allo picado e guindilla; cando estea dourado agregámoslle fariña e removemos todo ben engadíndolle o fumet de peixe, o perexil picado e un pouco de sal deixándoo cocer.

Preparación do peixe sapo

Cóllense os lombos de peixe sapo, sálganse e se rebozan en fariña. Nunha cazola botamos un pouco de aceite e poñemos os lombos de peixe sapo xunto coas cocochas deixándoo fritir: a continuación agregamos a salsa e metémolo ao forno a 180º C durante 10 minutos.

Para este prato aconsellamos un viño branco Godello.

Ingredientes
  • 12 lombos de peixe sapo (sobre 2.5 kg.)
  • 40 cocochas de pescada
  • Sal
  • 1 vaso de aceite
  • 1 l. de fumet de peixe
  • 4 guindillas
  • Perexil
  • 3 dentes de allo
  • 150 grs. de fariña
Lombos de peixe sapo con cocochas

imprimir